Guerra Fría

Tema 7

Guerra Fría

A expresión Guerra Fría cualifica as relacións internacionais entre os bloques capitalista e comunista, desde a súa constitución ata o final dos anos oitenta.

Conflictos:

Guerra de Corea( 1950). É o primeiro conflicto periférico da Guerra Fría. Corea do Norte ( comunista) invadiu Corea do Sur (capitalista). A URSS apoiou a primeira e os Estados Unidos, a segunda. Acabou en 1953 coa península dividida polo paralelo 38. Esta fronteira segue na actualidade unha das liñas de maior fricción internacional.

Rebelión de Hungría (1956). Os húngaros, integrados no bloque comunista, quixeron democratizar o seu réxime. Impedírono os tanques do Pacto de Varsovia. Occidente non lles axudou.

Crise de Suez (1956). O presidente exipcio Nasser nacionalizou o canal que une o Mediterráneo co mar Vermello. Gran Bretaña, Francia e Israel, que querían manter o control sobre este paso estratéxico, intentaron impedilo, pero tiveron que desistir obrigados polos Estados Unidos, que temían un enfrontamento coa URSS, aliñada con Exipto.

Incidente do U-2. (1960). Un avión espía norteamericano foi derrumbado mentres sobrevoaba territorio ruso.

Construción do Muro de Berlín (1961). Ante as frecuentes fugas de habitantes do Berlín comunista atraídos pola prosperidade económica alcanzada na parte occidental, os soviéticos decidiron separar ambos os mundos cunha barreira física. 

Desembarco da baía de Cochinos, Cuba (1961). Organizado e financiado pola CIA, o intento de derrocar a Fidel Castro cun exército de opositores cubanos acabou nun estrepitoso fracaso.

Crise dos Mísiles (1962). Avións norteamericanos fotografaron en Cuba ramplas de mísiles soviéticos orientados cara aos EE.UU. 

O presidente Kennedy ordenou o bloqueo da illa para impedir que os soviéticos abastecesen de armamento o réxime cubano. Despois de momentos de gran tensión, Khrushey ordenoulles aos seus barcos dar media volta.

Ejercicios:

Guerra de Vietnam (1955-1975). O Vietcong, grupo armado de Vietnam do Norte, comunista, invadiu Vietnam do Sur. Os EE.UU. enviaron axuda militar ao sur e embarcaron nunha guerra impopular e de gran desgaste que acabou en 1975 coa retirada norteamericana e a unificación de Vietnam baixo un réxime comunista.

Portfolio realizado para la asignatura de ciencias sociales en Monforte de Lemos
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar